Traducións Luscofusco
  

CONTADOR DE VISITAS

Traducións Luscofusco

[English]


Imaxe dun luscofusco
Menú Principal

 
Currículum Vitae
Linguas
Tipoloxía de texto
Prazos de entrega
Prezos
Ferramentas en liña


Curriculum Vitae

  Formación Académica: Licenciado no Grao de Tradución e Interpretación pola Universidade de Vigo.

  Formación Complementaria: Curso avanzado en Técnicas de Tradución cinematográfica. Curso avanzado en Ofimática.

  Experiencia Profesional: 2 anos traducindo novelas e poesía para a editorial XerMolo. 3 anos traballando como tradutor para a empresa cinematográfica Xirín Studios. 1 ano e medio na TVG.

  Outros datos de interese: Permiso de conducir B1.
Voltar ao menú 




Linguas. As miñas linguas de traballo son:

  Galego e Castelán como linguas maternas.

  Inglés e Francés como linguas estudadas na Universidade de Vigo cun nivel C2, polo que posúo gran habilidade tanto na conversa coma na escrita.

  Italiano e Portugués de nivel C1 perfeccionadas na Escola Oficial de Idiomas.
Voltar ao menú 




Tipoloxía de texto

  Estou especializado na tradución de películas e series galegas para o público de lingua inglesa e series de animación de carácter infantil para os nenos galegos así como a tradución de poesía francesa clásica e de novelas policíacas británicas.
Voltar ao menú 



Prazos de entrega

  As traducións ordinarias entregaranse no prazo previamente acordado, dependendo principalmente da cantidade do texto a traducir. Adoitan tardar ao redor dun mes.

  As traducións urxentes tamén serán acordadas previamente. Serán entragadas en torno a dúas semanas.

  As traducións poden ser enviadas mediante diferentes medios: mensaxería, fax, correo electrónico, descarga de servidor FTP...
Voltar ao menú 




Prezos

  O coste de calquera tradución calcularase sempre por palabra do texto orixinal.

  O prezo das traducións ordinarias é de 10 céntimos por palabra e o das traducións urxentes 30 céntimos por palabra.

  Se o volume da tradución supera as 10.000 palabras realizarase un desconto do 10%.
Voltar ao menú 



Ferramentas en liña

  Linguee: é a combinación única dun dicionario e un buscador que permite procurar termos e expresións en miles de millóns de textos bilingües. Grazas a Linguee pódense observar as diferentes posibles traducións dunha palabra en diversos contextos.

  Tradutor OpenTrad apertium: tradutor en liña desenvolvido pola Universidade de Vigo e a Universidade de Alacante que permite traducir dende o galego ao portugués e ao castelán e dende o catalán ao castelán.

  Google Translator: servizo gratuito de tradución en liña de textos e páxinas web creado por Google. Contén un gran número de idiomas e nalgúns deles permite escoitar o texto.

  IATE (Inter-Active Terminology for Europe): nome da base de datos de referencia da UE dende o 2004. É de uso aberto e engloba todas as bases de datos terminolóxicas creadas no marco da Comisión Europea.
Voltar ao menú 


Traducións Luscofusco